VISITAS

sábado, 21 de mayo de 2016

BURELA-BERTAMIRÁNS

Encontro que se vai disputar na Marosa, unha eliminatoria a dobre partido ,este domingo 22 de maio será o 1º partido e o 2º o día 29 de maio, nesta eliminatoria decidirase o equipo que ascende a liga galega , os locais están convencidos nas súas posibilidades e moi motivados para o encontro.
Dous equipos que xa se enfrentaron nun torneo esta tempada onde o Bertamiráns venceu por 3-0 aos mariñaos, que teñen ansia de venganza. 
Esperase un encontro de alto nivel futbolístico onde o terreo de xogo vai ser decisivo, os locais acostumbrados ao terreo natural explotarán todas as súas vantaxes e os rivais máis acostumbrados a terreo artificial tratarán de adaptarse o antes posible.
Os locais , esta semana traballaron sobre todo a colocación no campo, o modo no que apretar un balón perdido e como neutralizar aos rivais , todo moi táctico. 


viernes, 6 de mayo de 2016

QUENES SOMOS ?

Somos un equipo que disputamos a liga norte de lugo na categoría cadete , actualmente estamos a xogar a fase de ascenso.


Xogamos no campo da Marosa , o noso fortín.

Contamos cun grandísimo adestrador, "OKE", cun magnífico presidente , "NITO", e todo isto funciona así grazas a "JAIME".

jueves, 5 de mayo de 2016

CAMPIOOONS!

Por fin, o día 1 de maio o Afd Porto de Burela quedou campión provincial , nun encontro disputado frente a Residencia , no cal os locais adiantámonos nun temperán gol de córner. Despois Andrés ,nun rechace dende fora da área marcou o 2-0 , un tanto tanto incríbel que llo adicou a súa nai cun escrito na camiseta.

Despois do descanso, a Resi elevou o ritmo de xogo e buscou de todas as maneiras posibles os tantos para empatar e ter unha posibilidade de gañar o título provincial . Só conseguiron un tanto

Na última xornada decidirase o 2ª da táboa donde os tres equipos restantes teñen posibilidade de clasificarse , todos dependen de eles mesmos.



Moitas grazas ao meu compañeiro Pablo pola súa prestación publicitaria deste blog. El tamén ten blog adicado as motos, pasádevos por http://982000000.blogspot.com.es/



viernes, 29 de abril de 2016

PREVIA DO PARTIDO DO DOMINGO 1-5-2016

Este domingo disputarase no campo municipal "Da Marosa" o encontro frente o Residencia , decidirase o campión de liga e o 1ª que pasará a fase de ascenso.

Será un encontro do máis esixente para os dous equipos , no anterior encontro disputado entre os dous equipos o resultado foi un 0-0 no campo da Residencia, temos a ventaxa de xogar no noso campo , de herba natural no cal os rivais non están acostumados a xogar , contamos con bastante afición e esperamos o voso apoio o Domingo as 12:00 no campo da Marosa.

Espérase un encontro dos máis apretados de toda a tempada, o ritmo de xogo non vai ser igual que contra o Ribadeo donde nós tivemos que levar toda a iniciativa de xogo , e donde eles buscaban o xogo directo.

Neste finde o Residencia tamén ten bos xogadores iniciadores de xogo , dende logo vai ser un partido de moito ritmo e de xogo limpo.



martes, 26 de abril de 2016

Blog adicado as noticias dos cadetes do Porto de Burela.

Neste blog falaremos das últimas noticias sobre o equipo mariñao e dos seus membros.



BURELA-RIBADEO


Este pasado fin de semana o Burela impúxose ao Ribadeo nun partido moi igualado, donde a fortaleza en defensa e o bó combinado en ataque permitiunos gañar un dos partidos máis importantes do que resta de tempada.

Na primeira parte , o burela foise ao descanso co 1-0 no marcador , falta ao borde da área do burela que sacou Rubén en largo e David , aproveitou a súa axilidade e velocidade para picarlle o balón ao porteiro culminando nun fermoso gol.

Xa na segunda parte, o partido mantívose moi igualado , o Ribadeo intentou por todas as maneiras marcar un gol que non conseguiu, nunha extraordinaria xogada de David na área que centrou para que o infantil Noel rematara en gol.

Tamén quero facer mención dunha xogada moi perigosa que sufriu o noso porteiro Rubén contra un dos dianteiros do equipo rival