VISITAS

viernes, 29 de abril de 2016

PREVIA DO PARTIDO DO DOMINGO 1-5-2016

Este domingo disputarase no campo municipal "Da Marosa" o encontro frente o Residencia , decidirase o campión de liga e o 1ª que pasará a fase de ascenso.

Será un encontro do máis esixente para os dous equipos , no anterior encontro disputado entre os dous equipos o resultado foi un 0-0 no campo da Residencia, temos a ventaxa de xogar no noso campo , de herba natural no cal os rivais non están acostumados a xogar , contamos con bastante afición e esperamos o voso apoio o Domingo as 12:00 no campo da Marosa.

Espérase un encontro dos máis apretados de toda a tempada, o ritmo de xogo non vai ser igual que contra o Ribadeo donde nós tivemos que levar toda a iniciativa de xogo , e donde eles buscaban o xogo directo.

Neste finde o Residencia tamén ten bos xogadores iniciadores de xogo , dende logo vai ser un partido de moito ritmo e de xogo limpo.



martes, 26 de abril de 2016

Blog adicado as noticias dos cadetes do Porto de Burela.

Neste blog falaremos das últimas noticias sobre o equipo mariñao e dos seus membros.



BURELA-RIBADEO


Este pasado fin de semana o Burela impúxose ao Ribadeo nun partido moi igualado, donde a fortaleza en defensa e o bó combinado en ataque permitiunos gañar un dos partidos máis importantes do que resta de tempada.

Na primeira parte , o burela foise ao descanso co 1-0 no marcador , falta ao borde da área do burela que sacou Rubén en largo e David , aproveitou a súa axilidade e velocidade para picarlle o balón ao porteiro culminando nun fermoso gol.

Xa na segunda parte, o partido mantívose moi igualado , o Ribadeo intentou por todas as maneiras marcar un gol que non conseguiu, nunha extraordinaria xogada de David na área que centrou para que o infantil Noel rematara en gol.

Tamén quero facer mención dunha xogada moi perigosa que sufriu o noso porteiro Rubén contra un dos dianteiros do equipo rival